A proximidade histórica como valor noticia: a paz de Angola na prensa

Miguel Túñez, Carmen Costa, Melitón Guevara

Resumo


Non todo o que acontece no mundo remata por integrarse na realidade que constrúen os medios de comunicación. Hai factores que promoven que, dentro daqueles acontecementos que coñecen os medios, uns pasen a incluírse na superficie redaccional en lugar doutros. Este proceso de construción do temario equivale a unha fragmentación, selección e xerarquización da realidade que coñecen os medios para decidir cal será a realidade que transmitan ás súas audiencias. O presente traballo parte da necesidade de combinar os valor noticia, presentes no acontecemento, cos factores alleos ós feitos pero igual de determinantes no newsmaking para decidir inclusión, exclusión e destaques ou rangos informativos. Por iso revisa o impacto mediático dun tema de indubidábel valor periodístico: os acordos de paz en Angola, en abril do 2002 nas seccións de Internacional de xornais de España, Portugal, México e Galicia e conclúe na necesidade de conceptuar una nova variable, a “proximidade histórica” entre os valores que determinan a escolla de feitos no temario e mesmo a súa enfatización.

Palavras-chave


prensa, temario, valor-noticia, proximidade histórica, proximidade lingüística.

Texto Completo:

PDF

Apontamentos

  • Não há apontamentos.


 

 

 

 

 

 

...............................................................................................................

 

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho

Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474