Comunicación e Liberación - A representación mediática da loita pola autodeterminación timorense
Resumo
Este artigo é unha aproximación científica ó coñecemento dalgunhas das clavesmáis importantes na forxa da identidade do pobo de Timor Leste a partir da campaña internacional pola autodeterminación. A sociedade desta ex colonia portuguesa, que estivo baixo o iugo da dictadura indonesia durante máis de vinte anos tra-lo derrubamento do Estado Novo, sufriu por parte do goberno de Suharto unha política de degradación da súa propia identidade e das súas tradicións e valores culturais para propiciar así unha rápida integración en Indonesia como a 27ª provincia deste inmenso país insular. Con esta breve aportación, o que se pretende é facer unha reflexión, fundamentada en fontes bibliográficas, hemerográficas e documentais, sobre cómo o pobo timorense construiu e reconstruiu a súa identidade durante o proceso de liberación ata convertirse nun país independente políticamente, ainda que dependente noutros moitos aspectos.
Palavras-chave
Timor Leste; Portugal; identidade; independência; médios.
Texto Completo:
PDFApontamentos
- Não há apontamentos.
...............................................................................................................
.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho
Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474