Identidade, intercâmbio e fluxo na obra fílmica de Pedro Costa

Fernando Redondo Neira

Resumo


A traxectoria do cineasta portugués Pedro Costa ten destacado por un estrito compromiso moral e estético coas realidades sociais do seu tempo: un cine espido de artificios no que busca manterse preto dos personaxes, dos espazos e das situacións que explora coa cámara. Ausencia de artificio que se estende a unha concepción do cinema desprovisto de dispositivos e equipamentos innecesarios. Con esta bagaxe técnica e estética, unha parte destacada da filmografía de Costa móvese na procura de indagar nas identidades, nos intercambios e nos fluxos de culturas que seguen a establecerse, sobre todo, entre Portugal e Cabo Verde. Merecen unha especial análise os filmes No quarto de Vanda (2000) e Juventude em marcha (2006), mais tamén A casa de Lava (1994), Ossos (1997) ou Onde jaz o teu sorriso? (2001). Se consideramos a imaxe como ferramenta de coñecemento, esta análise propón un achegamento ao cine de Pedro Costa como instrumento eficaz de exploración do real. Segundo Jean-Louis Comolli, o cine desgástase facendo crer que mira o mundo, cando en realidade é un rincón do mundo que (nos) mira.

Palavras-chave


Pedro Costa; identidades; intercâmbios; fluxos de culturas; Portugal; Cabo Verde

Texto Completo:

PDF

Apontamentos

  • Não há apontamentos.


 

 

 

 

 

 

...............................................................................................................

 

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho

Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474