A circulación do cine galego en países latinoamericanos como alicerce para o establecimento dunha rede cultural
Resumo
A consideración do cinema como práctica cultural, como elemento para a construción social e o diálogo intercultural, é un dos supostos dos que parte o proxecto de investigación “Cine, Diversidade e Redes”, desenvolvido polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GI: 1786) da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de analizar a circulación e recepción de pezas representativas da cinematografía galega en contornas multiculturais. Esas pezas serven delos na configuración dunha nova rede cultural, en países destino da emigración galega en Latinoamérica: Brasil, Arxentina e Uruguai. A presenza de comunidades de galegos firmemente asentadas neses países do estudo que, ao tempo, manteñen un forte vencello coa terra – sexa a través da reivindicación do seu dereito ao voto ou na loita pola pervivencia do idioma – revélase como elemento fundamental na posibilidade de captación de novos públicos. De feito, a identificación do idioma como elemento fundamental para a construción e transmisión da identidade, leva aos investigadores a centrar a súa atención na recepción de produtos cinematográficos de comunidades lingüisticamente diferenciadas a partir da comprensión idiomática e o recoñecemento de elementos culturais identitarios presentes na mostra de análise. Preténdese coñecer as preferencias desa audiencia no tocante as opcións idiomáticas dos filmes: versión orixinal, dobraxe ou lendas. Tamén se busca avaliar a transcendencia da utilización de redes dixitais na distribución de produtos, e na produción cinematográfica para comunidades con recursos económicos limitados. Desde o punto de vista tecnolóxico, será especialmente interesante comprobar a existencia de redes entre comunidades e coñecer a posibilidade de implementar a súa comunicación. Na estela do proxecto, “Lusofonía, Diversidade e Interculturalidade”, o Grupo de Estudos Audiovisuais prosegue co esforzo de salientar o papel da cinematografía en tanto que axente dinamizador no marco Cultura-Mundo.
Palavras-chave
Cinema galego; Comunidade imaxinada; Redes; Emigración; Linguas minoritarias
Texto Completo:
PDFApontamentos
- Não há apontamentos.
...............................................................................................................
.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho
Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474