Cartografía do ciberespazo dixital e indicadores mediáticos da lusofonía

Francisco Campos-Freire, Xosé Pereira-Fariña

Resumo


A exclusión das dinámicas da dixitalización e do libre fluxo da información e a comunicación son dous dos principias retos dunha sociedade que hoxe en día deben solucionar as comunidades, os gobernos e os diferentes colectivos empresariais ou sociais. As fendas tecnolóxicas da dixitalización e da infomunicación teñen unha serie de consecuencias económicas, culturais e sociais que afectan ás relacións entre as distintas comunidades e o resto do mundo. Son aspectos fundamentais, en definitiva, para avaliar o nivel de desonvolvimento mediático dos distintos países, culturas e sociedades. Seguindo a metodoloxía dos indicadores do desenvolvemento mediático (IDC) formulados en 2008 polo Programa Internacional para o DesenroloMediático (PIDC) da UNESCO, esta investigación elabora e formula unha cartografía do ciberespazo dixital e da infocomunicación en catro países representativos da lusofonía, como son Portugal, Brasil,Mozambique e Galicia.A elaboración, estudio e análise destes datos forma parte do proxecto de investigación “Lusofonía: interactividade e redes” desenvolvido nos últimos anos polo grupo de Estudos Audiovisuais do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Neste traballo recóllense e analízanse os principais indicadores de penetración da Sociedade da Información así como as principais tendencias e prácticas de desenvolvemento mediático nos países lusófonos seleccionados, prestando especial atención ao acceso ás redes dixitais, á tipoloxía de consumo doméstico, aos usos sociais e ás políticas públicas establecidas para superar a exclusión tecnolóxica dixital, propiciar o amplo e libre fluxo comunicativo, a liberdade de expresión, a inclusión mediática e o fortalecemento da capacidade de participación nos procesos de comunicación.

Palavras-chave


Sociedade da información, lusofonía, fenda dixital, indicadores de desenvolvemento mediático

Texto Completo:

PDF

Apontamentos

  • Não há apontamentos.


 

 

 

 

 

 

...............................................................................................................

 

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho

Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474