O desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia. Aplicación do Índice Localcom

Berta García Orosa, Xosé López García

Resumo


O artigo presenta os resultados dunha investigación realizada durante os últimos anos sobre as políticas de desenvolvemento da Sociedade da Información implementadas en Galicia dende finais da pasada década.A pesquisa foi realizada dentro do grupo Localcom nun estudo comparativo do desenvolvemento da SI nas distintas comunidades autónomas financiado polo Ministerio de Educación e Ciencia (SEC 2003/07024) e realizado por investigadores de diversas universidades españolas. O proxecto elaborou un novo modelo analítico que permite comparar a incidencia das novas tecnoloxías da información e a comunicación nas comunidades autónomas, que avalía as diferentes realidades autonómicas e que facilita aos responsables do sector público e empresarial a toma de decisións en políticas para o impulso da SI. Como indicamos, deseñouse e aplicouse un modelo propio de análise métrica de 24 indicadores, o Índice Localcom. Este índice incorpora 24 indicadores básicos agrupados en tres categorías principais con dependencia secuencial (oportunidades, infraestruturas e usos) e seis subcategorías (capacidade económica, nivel educativo, redes, conectividade, uso institucional e intensidade de emprego). O índice foi aplicado ao caso de Galicia onde, ademais das intervencións de poderes supraestatais e estatais, a denominada SI conformouse a partir dun conxunto de actividades individuais que realizaron distintos actores sociais en relación basicamente coa aplicación de novas tecnoloxías na súa actividade económica e social.A chegada das TIC á comunidade autónoma realizouse de xeito parcial e enmomentos diferentes polos actores sociais da comunidade. Soamente cando a marca «Sociedade da Información» adquire relevancia social e valor político, as administracións públicas galegas planifican e implementan unha serie de actividades baixo este lema. A maioría destas accións tiñan como obxectivos concretos o incremento da infraestrutura -fundamentalmente ordenadores- en diferentes sectores, ben a través da compra directa ou ben a través de subvencións e axudas económicas. Esqueceuse nos primeiros anos a planificación de políticas xerais e concretas en prol da SIC, vinculando amaioría das accións ao ámbito económico en detrimento do desenvolvemento social. Neste contexto galego, o artigo proposto analizará os resultados cuantitativos e cualitativos obtidos trala aplicación do Índice Localcom a Galicia.

Palavras-chave


Sociedade da Información, Localcom, Galicia

Texto Completo:

PDF

Apontamentos

  • Não há apontamentos.


 

 

 

 

 

 

...............................................................................................................

 

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho

Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474