Iniciativa de pesquisa no ciberespazo lusófono - Rede para a detección de barreiras na circulación de produtos do audiovisual galego

Xan Gómez Viñas, Amanda Paz Alencar, Silvia Roca Baamonde, Ana Isabel Rodríguez Vázquez, María Salgueiro Santiso

Resumo


A aplicación das novas tecnoloxías e do concepto “rede virtual” como sustento do proceso investigador, preséntase como piar básico do proxecto Lusofonía: interactividade e interculturalidade do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC. Este proxecto, ao abeiro do programa In.ci.te de I+D, pretende localizar, a partir do estudo da recepción de produtos-modelo, as barreiras lingüísticas, culturais ou políticas que frean a circulación de produtos audiovisuais en lingua galega no espazo lusófono. Tanto a formulación inicial como a metodoloxía de traballo e mesmo a obtención de resultados artéllanse de acordo coa aplicación das tecnoloxías da Sociedade da Información ao conxunto do proceso. Créase, pois, unha intranet de xestión específica de xeito que, tanto as relacións dos membros do equipo de investigación, como as destes cos grupos parceiros e cos universos de recepción da pesquisa, conformasen unha rede de intercambio que tivese como marco de desenvolvemento o ciberespazo lusófono.

Palavras-chave


Lusofonía; Rede; Audiovisual; Lingua; Barreiras.

Texto Completo:

PDF

Apontamentos

  • Não há apontamentos.


 

 

 

 

 

 

...............................................................................................................

 

.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho

Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474