Análise de contido, tratamento estético e de linguaxe dos informativos audiovisuais en Galicia
Resumo
No marco dun proxecto de investigación do Grupo de Estudos Audiovisuais do Departamento de Ciencias da Comunicación da USC deseñouse un sistema de xestión da información audiovisual co obxectivo de realizar un seguemento periódico dos informativos das emisoras de radio e de televisión en Galicia con maiores índices de audiencia e de cobertura autonómica (TVG, TVE-Galicia, RG, RNE-1, COPE, SER, Onda Cero, Radio Voz e Punto Radio). Esta base de datos de acceso online elaborouse a partires dunha ficha de análise na que se abordan – desde o punto de vista cuantitativo e cualitativo – parámetros como a xerarquización e estrutura informativa, o desglose temático, ámbeto xeográfico (orixe da información), natureza e diversidade de fontes, entre outros. O propósito principal desta investigación, na que se levan analizado máis de 20 mil novas e máis de 30 mil fontes, é obter unha completa radiografía da realidade informativa. Este corpus é susceptible de numerosas aplicacións para a obtención de resultados baseados na complementariedade e interrelacionabilidade, e permite extraer conclusións sobre o tratamento informativo, estético e de linguaxe da información audiovisual en Galicia.
Palavras-chave
acceso online, análise de contido, medios audiovisuais, tratamento informativo
Texto Completo:
PDFApontamentos
- Não há apontamentos.
...............................................................................................................
.:: LASICS ::.
Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade (CECS)
Universidade do Minho
Anuário Internacional de Comunicação Lusófona
ISSN 1807-9474